12 jun. 2007

Reunión de confrarias do Cantábrico

As confrarías de pescadores do Cantábrico de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco reunense este sábado en Cedeira para participar nun encontro onde analizarán o futuro do sector pesqueiro de baixura. Segundo o programa de actos, o encontro arrincará ás nove e media da mañá coa recepción dos participantes e a entrega da documentación. Tras o discurso de apertura, os presidentes das federacións de confrarías de Galicia, Asturias, Cantabria, Biscaia e Guipúzcoa impartirán a primeira rolda de relatorios. As seguintes conferencias correrán a cargo de representantes do Parlamento Europeo de Pesca, Greenpeace, Oceana, Adena e Itsas Geroa. Xa pola tarde, tocaralle a quenda a un integrante do Ministerio de Agricultura, e a outro das Administracións Pesqueiras Autonómicas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ai va diós! tanto patrón maior,tanto deficit,tanto organizar o pósito e agora nin diós opina