21 jun 2007

Poligono, depuradora, estradas ¿algo máis?

Non teño a menor dúbida de que o polígono fai moita falta xa que é un impulsor do emprego. O que xa non teño tan claro e que cada pobo, teña o seu propio. Estamos na dinámica"bum", a este paso vamos a ter moitos pero valeiros. Eu apostaría por acordos cos conellos veciños e facer un bó compartindo as instalación. Non estou dacordo coa ubicación, penso que non e a mais axeitada:
1.- Por ser pouco futurista ¿ ou e que o pobo xa non vai medrar?
2.- Dende logo que esta preto do peirao pero, ¿cantos dos productos xerados no polígono terán saida por mar?
Penso que a zoa axeitada ven podía ser Feas:
1.- Por estar mais cerca da estrada principal.A posta en función dunha boa estrada dende Feas a Mera sería menos dificultosa.
2.- Non impediría a propia expansión do pobo nun futuro. A depuradora e un ben imprescindible pero ¡¡¡ ollo !!! ten que funcionar, e sei po lo que o digo.
As comunicacións e o pilar do desenrolo, sen elas, xa podemos facer todolos polígonos que quexamos que ninguha empresa se achegará a nosa terra.Dos encoros non falo. (Fdo. Xiao)

No hay comentarios: