10 jun 2007

O lixo a tres metros de profundidade

Xa vamos ter colectores subterráneos, o primeiro bloque de recipientes de lixo, que inclúe seis unidades, está sendo instalado no cruzamento da avenida da Constitución e Balbís. A localización da outra remesa de colectores aínda está en estudo e pode que sexa un dos puntos mais importantes no pacto PSOE-BNG, xa sabedes, un recipiente de lixo, mal colocado, pode dar moito cheire, e o cheire poucos votos. Una das propostas é colocar os recipientes subterráneos cerca da nova casa consistorial, por aquelo do control dos cheiros dende o despacho da alcaldía. Esto dos colectores subterráneos e un gran invento son enterrados a unha profundidade de tres metros sobre a vía pública. En cada punto de depósito, haberá seis recipientes: dous de vidro, outros tantos de materia orgánica, o quinto para papel, e o último para plásticos. Todo polo modico precico de 115.432 euros. Tamén estarán equipados con sistemas de bombeo automático, co fin de evitar posibles inundacións debido ao escaso desnivel sobre a liña do mar no que se atopan. ¿Canto vai a posta de que eso do bombeo non vai funcionar?

15 comentarios:

Anónimo dijo...

En pixilandia xa estamos acostumbrados a toda clase de cheiros...Todo o povo está cheo de merda; "sen morca" non sabemos estar... Se profundizas tres metros na praia, encontras latas bombeadas a toneladas...Xa o dixo o alcalde na " Voz de Galicia "..." En Cariño non queremos praias con bandeira azul, ás nosas praias enchense sóas "...Pra estar o día recoméndovos www.concellocarino.org...Ollo que dentro de pouco os dominios admiten a ñ... Cariño ten ñ...

Anónimo dijo...

Nom,non...CARIÑO non é ...É CARINHO, na nova concellería de normalización da língoa da nosa Galiza,prioritaria pra o BNG,estudaremos con detenemento este asunto...E outros que durante estes catro estuveron adormecidos.

Anónimo dijo...

En todo caso sería "Agarimo"...Vivides no voso mundo de balados mentais se nin tan siquera preguntarvos porque se están a adoptar novas normativas para a nosa lingua ou porqué existe o movemento reintegracionista. Como se pode xulgar algo que se descoñece? Só a xente ignorante o fai, e xa farta facer tanta brincadeira co tema da lingua. Lémbrovos que esta páxina esta en galego normativo e que sen a laboura histórica do nacionalismo o galego non chegaría a acadar endexamáis o rango que ten, é dicer, seguiría sendo un dialecto do "idioma cervantino" e a fala dos "barbaros" e pailáns(semella que algúns queren que siga sendo así). O galego, porén, non é patrimonio do nacionalismo senon de todol@s cidadans deste país, mais semella tamén que somos os únicos que loitamos pola súa pervivencia. Por suposto que a normalización linguistica é un tema prioritario para o BNG! O galego ten que servir tanto para os labregos ou mariñeiros como para os avogados e médicos, para os vellos e para os máis novos, para as cidades e para as vilas e aldeias...e para iso fan falla políticas de normativización axeitada, para o bo emprego do noso idioma nos diferentes eidos e roles en que nos atopemos(cientifico, xurídico, coloquial...) Convídovos a ceivar o voso auto-odio e a que fagades un esforzo por entender que o mellor xeito de conservar o noso patrimonio, a nosa identidade, é respectar o noso idioma, apareza dun xeito natural ou técnico. Un apuntamento para aqueles "imbeciles e escuros" que pulan polo idioma universal(é dicer, o dos animais, e por iso oubean, latrican ou braman): a polémica reforma dos "Grazas", "posivel" etc, é obra do Sr. Fraga, pois aprobouse durante a súa derradeira lexislatura. Vos seguide coas vosas prioridades que todos sabemos onde rematan, NO PETO!

Anónimo dijo...

E a iniciativa dos contedores coido que é xenial, xa se ten feito noutras vilas e con moi bos resultados.

Anónimo dijo...

Este subcomandante panchito, menudo rollo nos solta, chegar a dicir que grazas o nacionalismo non morreu a nosa língoa é tipico dun imbécil que se cree con un coeficiente intelectual alto. Na maior parte da nosa nai GALICIA nunca se falou outra língoa que o galego.Excepto en Mera da Riba que lle falaban castelán as vacas e por certas zonas da Pedra que falan un madrileño de chamberí, tamén falaban castelán nos seminarios.Os nacionalistas o que queren é impoñer a suas normas e falas, algún deles parecen portugueses.Por certo eu fun a mili e nunca vin un subcomandante, eso que é ¿da Garda Civil?.

Anónimo dijo...

O dos contenedores, ben,pero non vos olvidedes que de vez en cando teñense que vaciar e limpar.Outra zona boa é diante da casa do alcalde que xa está preparada con amplitude pra iso.

Anónimo dijo...

O que di as parvadas do dia non falla(o anterior)e o que fala da língoa ,da unha volta por Cariño escóita a os nenos e verás o que falan e as nais tamen e ainda por derriba as aboas.

Anónimo dijo...

Conho,lenha,canhón,a mín non me sae.Nin grazas sei dar no normativo.Eu vou seguir co meu galego-castellano de toda a vida.Cando me pete un, e cando non,outro,e si me da la gana los mezclo y me quedo tan fresca.O caso é usar ben a língua.Ou o teclado.

Anónimo dijo...

O galego que se fala en Cariño.. Iso xa ten que ter un estudio especial aparte di toda norma e contra todo rilog, sen presas,é unha mezcla autóctona que non se pode comparar con ninguha fala da nosa nai Galiza.Estou dacordo con vostede que usando ben a língoa e os dedos no "teclado" fanse magras.

Anónimo dijo...

En Cangas non te ven,mírante....
En Camariñas danche jracias....
En Cariño non temos riló....
A ver si somos cataláns e ainda non nos demos conta.........

Anónimo dijo...

No noso Cariño temos moito de cataláns, foron eles os pioneiros das fábricas de conservas, casi todas..Domenech e algún que outro apelido o reflexan e non pasa nada, estamos todos moi orgullosos delo.Quen a Cariño ven con cariño volve.Fou,Fou.

Anónimo dijo...

E non nos olvidemos dos maragatos.E os da terrachá.Somos unha mistura de razas,culturas,xeitos de vida que por iso lle puxeron a Cariño,Cariño.E o nome máis bonito para poñerlle a un pobo .¿a quén de nós se nos ocurriría? chamariamoslle basteira,faroleiro,caleira,peiral, pero Cariño,iso merece un Goya.

Anónimo dijo...

Penso a función principal desta páxina non é precisamente a confrotación dos escribanos en canto a suas ideas.Debemos poñelas é aprender uns dos outros, e atopar a maneira do respeto común. Perdoade os erros,esforzareime na procura de que a miña escritura en galego mellore

Anónimo dijo...

Doulle a razón a Xiao, usade o humor e deixade as guerras.

Anónimo dijo...

Thanks :)
--
http://www.miriadafilms.ru/ приобрести кино
для сайта aguillons.blogspot.com