30 jun. 2007

Festa das Angustias

Dende hoxe sábado ata maña domingo celebranse as tradicionais festas das Angustias. As Angustias e a primeira festa estival da vila, celebrándose sempre o primeiro fin de semana de xullo. Hoxe pola mañá teremos un Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas do Barqueiro, que percorrerá as principais vías da vila. Xa ás 22:00 horas terá lugar na Praza Roxa a xa clásica verbena nocturna amenizada pola orquestra Londres. O domingo a verbena nocturna na Praza Roxa, e cargo da orquestra Master. Entre verbena e verbena, outro pasarrúas o domingo pola Banda de Gaitas S.Xiao do Trebo e a Danza de Arcos de Cariño. Misa solemne na igrexa parroquial de S.Bartolomeu, á que sucederá a saída en procesión da imaxe da Virxe das Angustias polas rúas do casco vello cariñés. O tipico concerto da banda de música "Sementeira", que terá lugar fronte á Confraría de Pescadores. (Foto X.M. Docal)

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Felices festas a todos

José M. Docal. dijo...

Que sexades moi felices todos nestas festas e nas que veñen,eu xa non recordo a última que pasei no pobo,pero sempre recordo o dia de cada unha,poño un pouquiño de gaita e escoito un pouco de música daquela dos anos 60,e xa me faigo a ilusión de que estou na festa.Desexo que seades bos e que disfrutedes de cada momento.Un con moita nostalxia recorda a toda a xente do meu POBO.Felicidades e viva a Virxen das Angustias.

Anónimo dijo...

josé m. docal tes que vir a facer mais fotos xa eres o reporteiro grafico o cronista grafico do noso pobo felicidades e enhoraboa.

José M. Docal. dijo...

Sinto que solo poido ir unha vez no ano,pero quero que o noso pobo o vexan en todos os recunchos do mundo,e xente que coma min estamos fora,lle voten unha ollada de vez en cando o noso pobo querido,a mente esta ahí e o corpo noutro sitio.Felices festas estade a pasalo ben.Saudos e graciñas polo teu comentário.

José M. Docal. dijo...

Podes visitar algunha foto mais informal en( Flickr )como Galicia Cariño,ou co meu nome José Manuel Docal.Dispois dime que che parecen.

Anónimo dijo...

¿Este Docal de quén ven sendo?

José M. Docal. dijo...

Quen o pregunta?

Anónimo dijo...

Pobriñas Angustias, pasadas por auga.Daba pena ver aos feirantes con catro rapaces nos cochitos.O clima este ano non nos axuda.

Anónimo dijo...

pois xa veras no Carmen e no San Bartolo auga por riba e por baixo, e eso que o clima vai para desertico jajajaja