14 jun. 2007

E tempo de cans en Cariño

A Asociación Galega de Cans de Salvamento organizará este sábado en Cariño un simulacro de rescate en desprendementos de terra na serra da Capelada co fin de desenvolver e potenciar os equipos caninos de rescate e salvamento. Participarán unidades dos bombeiros de Ferrol, do Salnés, o Grupo do Can de Rescate do Concello de Coín (Málaga), a brigada autónoma de Caes (Portugal) e Protección Civil de Cariño que non ten cans pero ten olfato . O simulacro desenvolverase na Capelada e no peirao de Cariño entre as oito da mañá e as tres da tarde.Os profesionais e os cans adestrarán no rastrexo de persoas desaparecidas no monte e sepultadas baixo cascallos. A O Aguillón non lle quedará outra que pasear con o seu can de palleiro polo peirao, con un pouco de sorte encontra moza no corpo canino de bombeiros.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha foto simpatica a dos cans ¿é un bipartito non?

Son Eu dijo...

Eres ti e mais ti,por non dicirche outra cousa.

Anónimo dijo...

Iso de "Protección Civil de Cariño que non ten cans pero ten olfato..."..." can de palleiro que tes pra ver se encontra moza nos cans dos bombeiros..."... é xenial...Que aproveiten pra facer unha batida contra os xabaríns, que están invadindo todo e acabando có mainzo, e cas patacas.

La voz de su amo dijo...

Por suposto que non é un bipartito. Un candidato débese aos seus electores, un can ao seu dono tamén. Un bipartito un ladra o outro cala e os cans de présa de jarrai morden a yugular. Progresía canina,... GUAU, GUAU!!

Son Eu dijo...

Xa bebiche?

Anónimo dijo...

Son bonitos os cans da foto como O Agullón cruce o seu can de palleiro con eles vai mellorar a raza de cans pixines.

mosquita muerta dijo...

Deixade de xogar cos termos.Un can é un can,un burro,un burro,un buitre,un buitre,un loro, a metade de nos.Sen falar de zorros,ratas,e piollos,a outra metade.Pobre zooloxía...

Anónimo dijo...

Señor “Aguillón”, creo que debería ser capaz de poner una noticia, sin necesidad de tener que hacer la típica bromita absurda, ya que es usted el creador de dicha pagina, y como usted bien dice todo se sabe, tanto el IP de los que entran en la pagina, como el de los que la crean…

O Aguillón dijo...

Non entendo a que ven amenazar, por mais voltas que lle damos a noticia, non entedemos a que ven o mosqueo. Falamos de cans, entendase ben c a n s, cans, vamos cadelos, chuchos,tusos, cachorros, perros, non de outra cousa. Cans por certo, que estaran no pobo o proximo sábado como di a noticia. Pero esta claro que a xente esta moi suspicaz. Pero insisto o sábado pasearei o meu can de palleiro polo peirao para que despois me digan que vou con segundas. Unha aperta agarimosa do Aguillón para todolos mal pensados.

Son Eu dijo...

Aguillón ,o de suspicaz aplico a ti mesmo,non sei onde ves a ameaza no anterior comentário ,tamen te picas axiña,todo comentario que non vai na tua liña xa non e bo? ,ademais ten razón en canto as noticias que das, sempre van acompañadas dunhas verbas que teñen a sua retranca e acaban sempre tirando a o mesmo lado ,(eu vexo asi)e mais de un comentario que fas , acaban ca mesma pregunta ,(cal e o problema)ou ja,ja,ja.

Anónimo dijo...

fae ben o aguillón a vida sen retranca xa non e vida ¿non si?

Son eu dijo...

Xa saliu o bufon do reino.

jandalú dijo...

dende logo sodes todos ben tiquismiquis.si con retranca,malo,si con la verdá verdadera, peore, si parriba, pois non pabaixo.non me extrana que os da vila de la excelentísima...etc etc, se rían de nós.pero lo bien que lo pasemos...