2 jun. 2007

A cuestión da mocidade

Eu comprendo que os universitarios desboten a ideia de meterse en "berenxenais" políticos a nível local. En primeiro lugar, porque estudan lonxe da súa vila e ao rematar a carreira non atopan ofertas de traballo nos seus concellos, e a isto hai que engadir o agravante das precarias comunicacións na nosa bisbarra, que impiden unha participación activa, non só en política, se non tamén en iniciativas culturais ou deportivas. Por outra parte, e como consecuencia do anterior, estes estudantes ou ben fican a traballar nas principais areas metropolitanas do país ou, en moitisimos casos, teñen que sair a traballar fora de Galiza. Isto provoca unha práctica xeralizada na mocidade: desvencellamento das súas raices e abandono progresivo dos nucleos rurais. Asi que a política local no eido rural fica, en moitas ocasións, en mans de caciques, ineptos e analfabetos cheos de envexa e maldade (Fdo. Subcomandante Cabarcos)
Texto enteiro pincha aqui

10 comentarios:

Rodrigo dijo...

Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira. Até mais.

Anónimo dijo...

"...Pero eu sígome a preguntar: ¿ Onde están, que fan os universitarios de Cariño? Os vosos devanceiros removeron Roma con Santiago para que conseguirades un instituto, pero vos, salvo contadísimas excepcións non devolvíchedes ó voso pobo nen a centésima parte do que il vos dou. Evidentemente, o mercado de traballo en Cariño para profesionais universitarios non é moi amplio, pero é que en moitos casos non existe nen o desexo; Santiago, A Coruña e Vigo son sempre moito máis atraíntes. Disque naide é profeta na súa terra, mais os nosos xóvenes non queren nen intentalo. O que desprecia o seu propio pobo nunca pode ser un gran home, todo o máis, un imbécil con elevado coeficiente intelectual.


..." Unha das maiores alegrías que podería levar, sería ver no posto de Director do Instituto a un Cariñes "

C.C.M. 1988

Anónimo dijo...

Os universitarios de Cariño cando están por aquí, ademáis de botellón na noite do sábado pouco máis digno de mención.

Anónimo dijo...

Estoy totalmente de acuerdo contigo,nuestros universitarios no se implican en nada del pueblo,ni deportes ni politica ni urbanismo ni nada de nada

Anónimo dijo...

Sera que non nos deixades implicarnos.

Anónimo dijo...

Falades dos universitarios como se foran a chave das noces. Hay que traer cartos, que invirtan no pobo empresas dispostas en confiar na xuventude. Con isto pódese facer un tecido no que poder aplicar os coñecementos oportunos a cada necesidade laboral. O jodido e que os tempos cambian e Cariño non se adapta a eles.
Eu coma todolos xóvenes, as miñas expectativas en canto a calidade de vida, non son comparables ás de antaño(xa que o mercado laboral mudou, e hai que facer majas pra encontralo emprego mellor remunerado, e adaptado ás expectativas), xa non hai esa necesidade de traballar onde, cando e como sexa, non. Hoxe un quere: Ter vivenda, automóvil,... e todo iso ten un custo prezo. Esta oferta de traballos con titulacións que permiten asumir eses gastos é escasa e ben cotizada; e hai que buscarse a vida fóra, incluso ó extranxeiro.
A xuventude que máis quixera poder estar sempre na súa casa. O compromiso é de todos.

Anónimo dijo...

Un anónimo dí "será que non nos deixades implicarnos". Hoxe en día, estes dónde estes, en Alemania,Francia,Suiza, Italia... Sempre podes aportar ideas , solucións , sei que estades moitos preparados, e moi, pero que moi preparados e un pobo saié adiante con xente como vos... Que obviamente non pode residir no seu pobo... Pero sentirse orgulloso da suas raices sí que pode, e o dito, aportar ideas e coñecimentos que algún necesita... Todos necesitamos de todos, se aprendemos a escoitarnos xa é un logro...

Anónimo dijo...

Analizaron vostedes mesa por mesa os votos que lle deron os cariñenses a ese que lle chamades Tarolo...

En Cariño...

En A Pedra...

En Feás, Landoi e Sismundi...

Pacucho e Puri Seixido que dín...

TAROLO DEPUTADO PROVINCIAL!!!, e a mover a candidatura...

Anónimo dijo...

"Ese" se chama Manuel Varela. ¿Acaso chamanlle aquí doutra forma ó Juan Fachal? ¿Por qué esa obsesión con Manuel Varela?
Os resultados en xeral do BNG, desde o meu punto de vista non son satisfactorios.
Manolo é o único que estivo presente e se moveu para todo.
Pacucho está ó seu e Puri Seixido igualiña ca Pacucho.
O primeiro traballando no negocio, que é o que lle da o carto e a segunda escribindo guións, que son os que lle dan o carto e catedrática de sofá nos tempos de lecer.

Subcomandante Cabarcos dijo...

Non debería entrar no xogo dos "repunantes" mais, desta volta, vou facer unha excepción. E vouno facer poñendo un exemplo dos moitos que teño no peto. A Danza de Arcos, o noso maior patrimonio histórico-cultural, leva xa moitos anos nunha situación preocupante pola incompetencia e pasotismo da Confraría(Sr. Fachal) e a deixadez do Concello(Sr. Armada). Tiveron que ser uns rapaces sen experiencia os que tomaran as rendas perante a inoperancia e a falla de iniciativa do povo en xeral. Estes, na súa grande maioría, son mozos que están a estudar fora da vila(universitarios ou non, heche o mesmo). Aprenderonlle a bailar aos cativos novos e fixeron arcos para os "traballadores" do povo, mentres estes ficaban no bar tomando os chiquitos. Porén, a pesares de sacar as actuacións como malamente poideron, moita xente adicouse a criticalos e a enfatizar o "noxo que da a danza hoxe en día". E aínda por riba algún pretende que os nosos estudantes cisquen ao lixo o seu futuro por participaren na vida política local? A xente nova, como tendes visto, só atopa trabas pra desenrrolar caisquer tipo de actividade nesta vila. Por iso, dame vergoña allea ter que ler algúns comentarios que tentan demonizar á nosa mocidade. Fico convencido de que estes proceden dos mesmos aragáns que se adican a repunantear, falar da vida dos demáis e a parlamentar na barra do bar mentres ven como o barco se afunde sen tentar arranxar a situación. Iso sí, para eles, os culpabeis son sempre o coleitivo universitario da vila e a mocidade en xeral. Por qué? Pois porque é moi sinxelo facer demagoxia coas "botelladas" dos sabados e coa suposta pasividade duns fillos que eles mesmos teñen educado así. Ala, "xuntemonos e vaian"!