28 jun 2007

Calor, sol, mar e praias

As consecuencias do cambio climático din que están comezando a notarse en Galicia, cun incremento aproximado de medio grao por década desde 1973 ata 2004. Esto tras o último informe publicado pola Organización das Nacións Unidas (ONU). Os rexistros indican que nos últimos 50 anos detectouse unha subida duns 10 centímetros en toda a costa galega. No futuro as temperaturas aumentarán entre 2 e 3 graos no Norte das provincias da Coruña e Lugo, mentres que o sur poderá experimentar un crecemento similar ao das zonas centrais da Península Ibérica, podendo ata superar os 5 graos. Por certo falando de calorciño e mar, hay que decir que a provincia con máis bandeiras azuis é A Coruña, con 45. A listaxe das praias que ondearán a bandeira azul na nosa provincia é o seguinte: Carragueiros, Barraña, A Retorta e Mañóns, en Boiro; Lombiña-Cabio e Illa de Laxe, en Pobra do Caramiñal; Coroso, Vilar, Corna, Touro, Río Azor e A Ameixida, en Ribeira; Cabeiro, Aguieira, A Ornanda e As Furnas, en Porto do Son; Praia Laxe, en Laxe; Caión, en Laracha; Riazor, San Amaro, Orzán e Lapas, na Coruña, e Bastiagueiro e Mera, en Oleiros; Miño Grande, Perbes e Praia dá Ribeira (Pequena), en Miño; Doniños e San Xurxo, en Ferrol; Frouxeira, Do Río (Meirás) e O Rodo. Patin, en Valdoviño; Madalena, en Cedeira; Morouzos e A Concha, en Ortigueira; Tanxil, en Rianxo; Estorde, en Cee; Ezaro, en Dumbría; Quexe, en Corcubión, e Razo e Pedra do Sae, en Carballo. Como podedes ver ningunha en Cariño, mentras a teñen duas praias de Ortigueira. Non hai maneira de facer as cousas ben. ¿De quén e a culpa?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Case mellor, así tan só imos os que as coñecemos, e nos duchamos na casa, e tirámola basura onde nos peta e salvavidas para o ben preparados que están...

Anónimo dijo...

E loxico tanto luis coma Manolo lle teñen medo o auga asi que o das praias non lles preocupa.