5 may 2007

Pola transparencia.

O invento máis revolucionario da historia foi a imprenta. Desde o instante en que Gütenberg puxo o trebello a funcionar, o saber deixou de ser algo exclusivo do poder, daquela, a Igrexa , para pasar ás mans de todos. As palabras, así, democratizábanse, o acceso universal e gratuíto, á Internet, dalgunha maneira debería de completar ese proceso. Naqueles días os libros eran a revolución hoxe e internet. Os Aguillóns naceu fai unha semana, e parece que a sede de red, e moi importante no noso Concello. A transparencia é unha dos nosos obxetivos por iso os decimos que: Total de páxinas vistas dende o inicio do servicio fai unha semana foron 863. O día con máis actividade foi o 30 de Abril de 2007 con 156 páxinas vistas. As vistas acumuladas as podedes ver no grafico que nos ofrece o servidor. Moitas gracias por facer que Os Aguillóns arranquen desta maneira.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Aprobeitamos a ocasión para aclarar:
1. Esta web non esta feita para dar caña o noso Alcalde. De feito insistimos "Armada estamos contigo, non nos defraudes".
2. Esta web esta feita en clave de humor acedo, critico, con quen nos goberna. Creemos que facía falta algo así no pueblo.
3. Non estamos vinculados a ninguen da familia Fachal, nin o anterior alcalde Tallón. Vamos, nos nos fixemos probas de ADN pero non nos consta tal feito.
4. Se somos capacez de mater o respeto os uns con os outros, é mais nos que non vivimos da politica, Os Aguillóns pode ser un referente de reflexión.
5.A pé de paxina poñemos "Máis alá da liberdade de expresión este blog non se fai responsable das opinións vertidas no apartado de comentarios, calquera comentario que se poda considerar inxurioso ou difamatorio non será publicado no momento en que teñamos coñecemento do mesmo" Estaria ben que os comentarios fosen refleximos e non insultasen a ninguen. Podense decir as cousas de mil maneiras utilizando a ironia limpa, sede intelixentes non ir o insulto a primeira de cambio.
6. A partir a hoxe mesmo, os comentarios que consideremos dignos como boa reflexión do que esta a pasar no noso Cariño, serán tomados coma opinión polo blog e pasaran a ser noticia do mesmo. Asi que os animamos a facer boas reflexións os prometemos que serán noticia, e decir estaran en portada e con foto, para que os demais usuarios as podan comentar. Desta forma abriremos debate.

Moitas gracias os que queredes facer Os Aguillóns unha web de reflexión por encima das ideoloxias, aqui debemos caber todos o nosa unica inquietude e Cariño.

Anónimo dijo...

Graciñas por poder escribir libremente (polo de agora. Teño que decir que en Cariño tivemos dous alcaldes servís aos seus intereses persoais e de partido, mentireiros e ditatoriais. Fixeron políticas clientelares nun caso PSOE, e caciquís noutro PP. Non llo tomen a mal, son xente do povo. Mais non cometan o mesmo erro outra vez, desta volta hai unha terceira opción.BE-NE-GA!(Non estou afiliado pero páganme ben.

Anónimo dijo...

Aguillón,son José Manuel Docal,estou lonxe da terriña pero non a esquénzo,dou graciñas por fixarte nas miñas fotos estan ahi para que todo o mundo(todo o mundo quero decir o mundo enteiro)séipa onde estamos e que temos para que nos visiten,quero móito a ese recuncho que me veu nacer e quero móito as suas xentes .Saudos e gracias.

Anónimo dijo...

Gracias a ti Jose Manuel, o enlace é para que o vexa todo o mundo, creemos que o teu traballo en positivo por Cariño ben merece un reconocemento, poucas personas poñen os ollos a beleza da nosa terra como o fas ti. Gracias por esa labor desinteresada. Google e Googler Earth estan cheos de fotos tuas nas que reflexas a beleza da nosa terriña como ti dis. Todo Cariñó debe de agradecelo.

Anónimo dijo...

Facendo honra o titular desta sección "Pola transparencia" facemos publicas varias respostas recibidas por correo electrónica da directiva da Asociación de Mulleres Rurais A Caleira.

Para que a xente vexa que aparentan unha cousa pero realmente son outra. Son respostas á pregunta polo peche do libro de visitas e do foro.

Entre outras, recibidas atá agora destacamos:

De: MULLERES RURAIS " A CALEIRA" mulleresrurais@acaleira.org

Mira,por culpa de imbéciles e escuros coma tí cerrou media web das Rurais.Si o que queres e que te localicemos ou xoguemos a "tú la llevas",vale,pero si tes dous dedos de frente deixa de incordiar.E xa non hay nada máis que falar.Poñémoste en correos non gratos e xa che poden saír callos nas máns.Hay que ter un pouquiño de sentidiño.Adeus

*** Esta parece unha resposta "standard" pois xa recibimos 3 exactamente igualiñas.
----------

De: MULLERES RURAIS " A CALEIRA" mulleresrurais@acaleira.org

Y otra que me queda. no te creas el ombligo del mundo.Si cerramos por tí, eres idiota.Si no fué por tí eres un creído.Y lo de que eres socia de la ASOCIACION DE MULLERES RURAIS A CALEIRA JA JA JA JA JA

----------

De: MULLERES RURAIS " A CALEIRA" mulleresrurais@acaleira.org

Mira,los velos para los talibanes.Aquí vamos a cara descubierta,y yo no llamo a nadie subnormal,porque desgraciadamente sé lo que eso significa.IMBECIL,GILIPOLLAS, TONTOLABA,CRETINO y mil mas que me sé sí.Revisa tus correos.Y deja de incordiar,carallo ya......

----------

Así son en realidade. Estas mensaxes non son mais ca outra cara da Caleira, "a cara descubierta".

Anónimo dijo...

¿os correos non suelen ser privados? ¿quen di que todo iso non é un montaxe? mira eu tamen recibin un correo de A Caleira

----------

De: MULLERES RURAIS " A CALEIRA" mulleresrurais@acaleira.org

la mentamos que eche de menos nuestro Foro, esta cerrado por circunstancias tecnicas ajenas a nuestra asociación.Tan pronto podamos restableceremos el servicio. Muchas gracias por confiar en nosotras.

----------

A min pareceme do mais educado e profesional. O que pasa que as preguntas tamben hai que facelas con educación digo eu.

Anónimo dijo...

Montaxe ou non ahí está, que o desmintan, ¿ou non gardan as mensaxes enviadas?

Unha mensaxe e privada, persoal, chamalle X. Cas mensaxes que eu recibo fago o que me da a gana, e cas mensaxes que me reenvian e me autorizan a súa publicación 3/4 do mesmo, e se algunha agora se arrepinte das mensaxes que xa ten enviadas nun momento de fervorazo, que llas reparta o corpo.

Sobre localizarnos, como poden ter o listo de turno ó seu servizo, imoslle aforrar traballo, estamos acesando a rede dende unha conexión UMTS de YOIGO con tarxeta prepago. Adivina quen chas deu jajajaja

E lembrando un spot comercial dunha coñecida marca de automóviles, de agora en diante imos a identificarnos coma JASP ;-)

E tamén dende agora damos por morta a presenza virtual de A Caleira na rede. "Fué bonito mientras duró, hacemos un ligero paréntesis." Se pensan que as imos agardar, enganadas non vivan. Houbo un antes da súa presenza, hai un agora e haberá un despois.

¡¡¡ Longa vida ó Aguillón !!!

Anónimo dijo...

De: MULLERES RURAIS " A CALEIRA" mulleresrurais@acaleira.org

la mentamos que eche de menos nuestro Foro, esta cerrado por circunstancias tecnicas ajenas a nuestra asociación.Tan pronto podamos restableceremos el servicio. Muchas gracias por confiar en nosotras.

----------

"Circunstancias técnicas ajenas a nuestra asociación". Pois xa está tardando a empresa a que contrataron o servizo en restablecerlles o foro. No sitio do libro xa vemos que por circunstancias técnicas aparecen os colaboradores dos 30 euros co local da presidenta a cabeza.

O final vai resultar que a presenza da Caleira en internet vaise limitar a un portal publicitario, plataforma de lanzamento virtual dos negocios familiares da presidenta e dos seus fillos.

Anónimo dijo...

Non sei porque pero dame a alma que esa mensaxe en tono pseudo conciliador xustificando o comportamento da mensaxeadora da caleira ten a mesma orixe cas mensaxes bravas que están a recibir quenes preguntan o porque do peche.

Iso de que está pechado por problemas técnicos alleos a elas, me rio de janeiro, ja ja ja, xa vai a ser casualidade que todo funcionaba a perfección i en canto lles empezaron a dar estopa teñen problemas técnicos. Me lo expliquen ou que lle digan a empresa de internet que lle lo explique e nos digan a versión "oficial".

E digo eu, ¿os problemas técnicos so afectan ó foro e a o libro? Porque o resto da páxina ben que funciona. Xa poden estar contentos os anunciantes "colaboradores".

Simple curiosidade, ¿por 30 euros en cantas páxinas da web te anuncian? ¿Teñen pensado incluir os anunciantes "colaboradores" nas mensaxes de correo electrónico de agora en diante?

Non sei o resto, pero eu persoalmente non acudía a esa web a ver anuncios. Todo o mundo instalando de todo para "pasar" dos anuncios e agora as veciñas nos meten anuncios a tutiplen.

En fin, que Vds. o anuncien ben.

Grazas ó Aguillón por facilitarnos este espazo de libre acceso e sen publicidade.

Anónimo dijo...

Sosiega Marilin, sosiega.

Anónimo dijo...

Espero, que le hagan caso sr. aguillón, por algunas opiniones vertidas en algunas noticias sobrepasan los límites mas delecnables del ser humano. Lo gracioso es que sus autores se identifican por si solos, salen a la calle y saludan con toda la gracia a las victimas de sus improperios(la hipocresía no tiene límites). Los de arriba exhuman cadáveres de la guerra civil y estes airean los trapos sucios de sus vecinos y allegados, comportamiento de hooligans provocadores. En fin, los buenos empezamos a cansarnos y esperamos que en junio vuelva brillar el sol. Felicidades.

Anónimo dijo...

Esa expresión "los de arriba" e moi idiosincrásicamente dunha clase que se cree inferior, ten por ídolos a xentiña como Aznar o borrachuzas, Zaplana o alicatados en primeira línea de praia, Acebes o estou porque ten que haber de todo e Mariano, la trotona de Pontevedra, e pensa que aínda a día de hoxe lle debe o todo o cacique de turno.

Así lle luce o pelo.

Ah. E o sol sae todos os días. No hai eclipse en maio.

Anónimo dijo...

Así lle luce o pelo.

Ah. E o sol sae todos os días, No hai eclipse en maio.¡ Estamos contigo Armada!.Eres o noso Moisés,o iluminado de Deus,Don Higinio reza por tí todos os días,a caleira está contigo con Marilin ao frente, tes asegurados outros catro anos pra seguir con ese mísero. proletario e progresista soldo que dis que tes no Concello, o de a Deputación da Coruña pra os nenos do Senegal.Lideres os nosos; Roldán ,Vera, Barrionuevo, Corcuera, Fernandez dela Vogue, Narbona, Pepiño Blanco,Elenita Espinosa, Magdalenita Alvarez...Pensa en quen queiras que os nosos son todo menos caciques, eso sí o meu e meu e o teu si poido será meu.No hai eclipse en maio.Ah.E o sol sae todos os días.

Anónimo dijo...

" Iso sí o meu e meu e o teu si poido será meu", é moi socialista e senón que llo pregunten á Confraría de Pescadores que lle está tratando de papar o pouco patrimonio que ten o actual goberno nacionalsocialista.No hai eclipse en maio.

Anónimo dijo...

Mantenimiento
Este servicio se encuentra temporalmente inactivo. Rogamos disculpen las molestias.
A Caleira

Anónimo dijo...

Vamos mellorando, a semana pasada había problemas técnicos, agora "mantenimiento".