7 may. 2007

Estudando o corredor da Costa do Ortegal

Notase que estamos de campaña, xa dixemos aqui fai uns días, que o mellor que nos pode pasar e que as elección se fagan cada ano, asi farianse máis cousas. O parecer a Consellería de Política Territorial convocou a un concurso, orzado en 181.700 euros, para redactar o estudo informativo e de impacto ambiental do viario de conexión entre a vila de Cariño e o futuro corredor da costa do Ortegal, entre San Sadurniño e San Cibrao. O concurso publicouse no Diario Oficial de Galicia do venres. Establece que os estudos deberán redactarse nun prazo de 16 meses. Empezan estudanto o tema, e estamos no 2007, asi que toca esperar, meus queridos veciños. Paciencia.

11 comentarios:

Suso do Boi dijo...

Cando hai eleccións todo e prometer e prometer, e despois non fan nada hasta catro meses antes das novas eleccións. Pensaran que somos tontos non si.

Anónimo dijo...

Todo o que sexa sacarnos do abandono e bó, o caso e que isto de facelas propostas en vísperas de eleccións depresa e correndo e coma obsequiarnos cun cabaliño de troia. Se o fixeran real, espero que siga abendo xente natural do nosa comarca, e non sexa unha comarca vacacional na que se viva 2 meses ó ano. La fe....

¿ SABíAS QUE...? dijo...

O vindeiro 8 de maio no pleno do Parlamento de Galicia o Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego teñen previsto aprobar a Lei de Protección do Litoral. O PP de Galicia solicitou retrasar esta aprobación, cando menos, ata despois das eleccions municipais, pero esta posibilidade foi rexeitada polo bigoberno.
O Partido Popular é o primeiro en querer protexer o litoral, e así o demostrou establecendo, no seu momento, unha liña de protección de 200 metros - o dobre do establecido polo goberno socialista de Felipe González- e deixando adxudicado un Plan de Ordenación do Litoral que este Bigoberno da Xunta leva dous anos paralizando.
Nembergantes, e de xeito absolutamente irresponsable e inxusto, o Bigoberno decide agora a entrada en vigor de dita lei.

Afecta ós primeiros 500 metros de todo o litoral galego. As consecuencias para os veciños, propietarios e concellos serán enormemente prexudiciais, de aí a importancia de que todos os veciños do Concello de Cariño coñezamos exactamente o seu alcance.

Anónimo dijo...

Mellor que non conozcamos nada, ollos que non ven corazón que non sinte.

¿SABÍAS QUE...? dijo...

...TOURIÑO PROHÍBE QUE NINGUÉN VIVA A 500 METROS DA COSTA...

...MENTRES VERANEA A PÉ DE PRAIA.

...FAI O QUE EU DIGO NON O QUE EU FAGO...

Anónimo dijo...

Moito corredor será de bicicletas porque a carretera a Mera sigue estando como sempre feita unha merda.

Anónimo dijo...

¿pódese falar neste blog? non dou entrado

O aguillón dijo...

¿que queres decir? xa estas falando. ¿cal é o problema?

Anónimo dijo...

Que me identifico,co nome, e saeme contraseña incorrecta...¿sendo a primeira vez ?extraño

O aguill dijo...

Si eres usuario de blogger extrano, pero dame que tes que pinchar en "otros" ali podes poñer o nome y despois o comentario saldra con teu nome.

No caso que seas usurio de blogger, en ocasions falla o rexistro, volve a rexistrarte. Supoñemos que esa e a causa.

Esperemos que non teñas problemas
unha aparta

O aguillón dijo...

Outra cousa, supoñemos que te estas a referir o Blog e non o Foro.

tambén no caso de usar contraseña no blogger o no Foro atento as mayusculas...son sea ese o erro