12 may. 2007

En defensa de Manuel Varela

É moi fácil esquecerse do que a xente fixo pola vila. O de que "Manuel Varela quixerea acabar coa Xira" é algo moi facil de dicir. Esa empresa no seu momento non cumpría as medidas de saude e hixiene, que unha empresa desas características debe seguir. Pero eso non importa, eso non axuda a ir contra unha persoa, que dende o principio loitou coma todos para conseguir que Cariño tivera un concello de seu, e unha persoa que tirou adiante coa asociacion de veciños, que leva educando toda a súa vida os nosos fillos dunha maneira exemplar (según eles), pero iso non importa. So dicir que non pretendo poñerme a favor do señor Varela, so criticar as posicións de determinadas persoas que pretenden atacar dunha forma continua a diferentes persoas en vez de aportar solucións. Un bo alcalde, un bo veciño é aquel que crea empleo en Cariño, e consigue que moitos xovenes se queden nesta vila. E por iso tamben quero lanzar o meu apoio a todolos armadores da vila, que a pesar de arriarlle a todo, tal como fixeron moitos antes, seguen loitando para que o porto de Cariño non se vaia abaixo. (Fdo. Guerreiro)

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Menos mal que sale alguén en defensa do noso TAROLIÑO, este ex-seminarista que case como eu salimos curas, o único que dí pensado para tí,chiscándonos o ollo.Ca papada mirando pra riba, como un lexionario.Xa veredes como transforma Cariño en unha républica independente, nun novo Allariz, recuperando as mallas, fábrica de sidra cas manzas cariñesas,augardente de manzá, volver a recuperar os nosos xóvenes enseñándolles a traballar co arado romano as terras agora abandonadas, a pescar con anzós, recuperar os muiños de auga pra ver e pra moer, recuperar a nosa lingoa autóctona (riló,pichoco,fendecha...)que a estamos esquecendo, fora os eucaliptos e en seu lugar plantar patacas,leitugas.Nada de fábricas, as nosas mulleres xa foron abondo explotadas, fora os fumes e ruidos cheirentos do centro do noso pobo, carnet de identidade cariñesa...Cariño, pensado para tí.

Anónimo dijo...

VOTA TAROLO PRA LEVAR O POBO A ROLO.

ex refrixerado dijo...

Non merecen ningún comentario os 2 anteriores. Tanto do mesmo xa aburre.

Eu ata hai ben pouco fun empregado de Frigorificos Cariño, que ven a ser Carrodeguas con outro nome, pero o fin e o cabo, o mesmo. As condición seguen a ser precarias, por non dicir tercermundistas. As vacacións non existen, como dicía noutro tema unha mensaxe, e verdade que a semana de San Bartolo temos unhas falsas vacacións, pero de vacacións nada, metennos no paro e o mesmo en nadal. O soldo non é nada do outro mundo. Cas horas extras (obrigatorias) podes cobrar entre 1000 en 1500 Eur dos que que a metade son en negro. Resumindo, que agora facenda che devolve pero o día de mañán as pensións van a ser de pena. E así un longo etc, que a min non no contou naide, o vivín en 1a persoa. Se non hai outra cousa mellor hai que roelo, pero podendo cambiar, Carrodeguas NON GRAZAS, polo menos nas condicións precarias nas que acostuma a operar.

O principal problema deste pobo, pasa o mesmo no sector da pesca, e a falta de unión. De nada serve que un ou varios reclamen os seus dereitos coma traballadores que son si a maioría "pasan". E tan antiga coma o mesmo mundo a frase "a unión fai a forza". O problema e que eiquí non hai unión e a forza debese gardar para o WC.

SOBERBIA dijo...

Carrodeguas es una empresa como tantas otras. Ya quisiéramos todos trabajar 8 horas, 30 días de vacaciones, pagas extras, permisos de paternidad, etc, etc.. Pero por desgracia hay que "roela", y bien roída. Uno no sabe lo que tiene hasta que se pierde, y de momento y para nuestra desgracia hay que seguir "roendo" por mucho tiempo.
¿O acaso no estuvimos mucho más explotados en el mar?. Y que quede claro que Carrodeguas no es santo de mi devoción pero ojalá hubiese 5 Carrodeguas en Cariño. Otro gallo cantaría. Pero como dicen los nacionalsociolistos, la culpa de todo es de los fachas opresores, pero cuando llegan los sociolistos al poder se llenan los bolsillos (ejemplo en Luis Armada) y al pueblo que le den por donde se enebran las agujas, la culpa es de los demás.
Puedo prometer y prometo que por el culo te la meto que yo me lleno el peto.

Anónimo dijo...

Que hai de certo nos comentarios do pobo de Cariño: Trato de favor nun terreo de TAROLO.

Anónimo dijo...

Unha dubida
Cal é o programa do BNG de Cariño?
Non será que están ahí porque lles mandan sin máis?
Que foi o que fixeron por Cariño nestes anos?

Anónimo dijo...

Aqui hai moito catedrático de sofá:"bla,bla,bla" e non facer nada. Moi "idiosincrasicamente" pixín. Pra escomezar, en Cariño non existe ningunha asociación ou movemeto reivindicativo, e non porque non o precisemos:economía precaria,emigración masiva da mocidade, infraestructuras..."infraestructuras????",comunicacións terceiromundistas... e en xeral un tradicional abandono da nosa bisbarra por parte das administracións. É ben sabido por todos que non se levou a cabo, POR PARTE DE NINGUEN, dende a segregación unha iniciativa social a prol do concello(ah si, esqueciame, o importantisimo tema do campo do futbol!) Apatía e demagoxia, duas verbas aparentemente antagonicas que o povo de Cariño tivo a ben xuntar. Ai viciños, leitores e autores...por non haber, non hai nin unha asociación cultural que funcione ben. O caso mais claro(e alarmante!)temo-lo coa atitude pasotista e xeralizada perante a perda do noso maior patrimonio histórico-cultural:a danza de arcos, unha tradición ben cariñesa que esta condeada a desaparecer en non moitos anos. Din que os políticos dun povo son o reflexo deste. Eu coido que non. Se fora así seguiriamos sendo unha colonia/sucursal(según ideoloxia administrativa) vilancha. Xuntemonos e vaian = "facede xa algo pra concienciar ós novos...". Benquerido "un veciño mais" vai ti primeiro que os demais xa iremos detrais.Certo que tivemos dous alcaldes servís aos seus intereses, mentireiros e ditatoriais. Fixeron políticas clientelares nun caso, e caciquís noutro. Non llo tomen a mal, son xente do povo. Mais non cometan o mesmo erro outra vez, desta volta hai unha terceira opción.BE-NE-GA!(Non estou afiliado pero páganme ben). Por certo,é verdade que os responsabeis locais do BNG non responden as mensaxes.Supoño que estaran ocupados facendo cousas polo povo e non agasallando postos de traballo.Polo menos aqui non se censuran mensaxes como na paxina web do soe cariñés.No seguinte capítulo falaremos da especulación.

Anónimo dijo...

O TAROLO, estivo caladiño durante os catro anos, defendendo a seu amo, o noso alcalde, que non lle tirou a cambio unha cabana de madeira no que o Sr.Varela Loureiro dispón dun habitáculo no que enche positivamente o tempo de ocio. No lugar de Fabás e na parcela denominada Muro Grande.Ilegal e ilegalizable.

Anónimo dijo...

Onte no debate da toritogalega o pincha cús de Quin quedou nokeado por Orozco e Feijoo.Estos do adoquin non aguantan un asalto, cando baixan do púlpito e baixan o ring a practicar a loita libre e democrática.