27 may 2007

AQUI NON CAMBIA NADA

31 comentarios:

Anónimo dijo...

Cariño falou, e concretamente o 60 %, por riba da media . Queren que todo siga igual, que o progresismo se estableza na vila...e para ensinarlles que en cariño, coma en cedeira e na maioria da Galiza, sigamos apostando polo CAMBIO.

Anónimo dijo...

Parabens a gran familia dos progresistas. Agora tendes 4 anos máis para rascalo cú, bueno, polo menos acaberedes as obras. Esas que no seu dia votachedes en contra. Pricipios e valores esas verbas que o gran pobo de Cariño tivo a ben xuntar. Que ustedes lo pasen bien!!

Anónimo dijo...

Copión e ademáis mal perdedor.A rañala ti!PP FRACASADOS

Anónimo dijo...

Eu coido que o señor Manorolo, do BE-NE-GA (o mudo de chaqueta se fai falla) debería deixar paso a outro candidato. Está craro que non arranca. CARINHO PRECISA RENOVAÇAO.

Anónimo dijo...

Año 2003
Cariño Censo 4.402 PP 1.172 PSOE 1.230 BNG 619 Otros 86 Blanco 58 Nulos 19 Abstención 27,67. Concejales PSG-PSOE 5, PP 4, BNG 2.
Neste comicios non houbo voto de castigo.

Anónimo dijo...

Desmoslle unha oportunidade a Manolo. Armada xa estivo dabondo chupando. Boicot aos socialistas XA!!!!!

Anónimo dijo...

Nin de coña Manolo alcalde, casi fainos perder o goberno de progreso en Cariño. Pasou de 619 votos no 2o03 a 493 votos agora. Perdeu catro puntos porcentuais, manten concellais por sorte. Manolo debe dar paso a renovación no BNG de Cariño. Manolo dimite deixa paso.

Anónimo dijo...

Hai que recoñecelos feitos. O PSOE de Cariño ten un grande peso na vila. Sen embargo, o lider, Armada demostrou, na miña opinión, que non goberna pra todos.
Pídolle, coma votante e afiliado do PP ao meu grupo que lle de o apoio ao BNG, incluso facer a Varela alcalde xa que logo non quero un alcalde hostil e sectario que só pretende desprezar e aniquilar a quenes se detractan dos seus intereses. Nin é resentimento, nin vinganza só o desexo dun goberno que non nos irrite máis, e que se centre en traballar, dame igual a cor que sexa. Cambio.

Anónimo dijo...

Votante e afiliado do PP. O que tes que facer e pedir un novo candidato para o teu partido, e senon mira para o outro lado da ría. Gañou Antonio Campo por maioría absoluta. É o peso das persoas non dos partidos.

Anónimo dijo...

O peso do mandatario. En Cariño esa teoría non é factible. Cambian líderes e os resultados nalgunhas zonas do concello segen ou hostiles ao PP, indecisas ou potencialmente socialistas. Agora para gobernar Cariño hai que pasar pola Pedra. Pero non seria malo darlle o testigo a Manolo, a Luís Armada xa o coñecemos dabondo. Pode que a iniciativa non sexa compartida no sectores máis puristas. Sen embargo é unha iniciativa real e posible, penso que tamén necesario e seria un broche de ouro a carreira política de Manuel Varela, ademais dunha oportunidade ao seu partido e de facer as cousas ao seu xeito.

Anónimo dijo...

MANOLO ALCALDE, MANOLO ALCALDE. I can´t believe it!!!! Oh,my god!!!

Anónimo dijo...

Manda cullons, digo eu. Sería un insulto para todolos votantes que Manolo gobernase o pobo. Lémbroche que o BE-NE-GA é un partido minoritario en Cariño, para min debería gobernar o partido mais votado, nada de coalicións. Catro anos pasan rápido, cada un ten o seu turno e a vida segue para ben ou para mal, pero segue. O pobo fala nas urnas cada catro anos, loitade e face-los cambios necesarios para que o rumbo cambie. O PP non puxo o candidato adecuado, eu o teño clarísimo. O BNG debería cambia-lo candidato xa, que non faga coma o PP que non fixo outra cousa que o ridículo. Qué pensabadades que con 1 mitin se gañan as eleccións? Que con esa candidatura se gañan as eleccións?
Fachal será recordado coma o Patrón Maior que se deixou saquear coma un parvo por Armada ¿Non si?, e senón fala ca xente do pobo. Se non sabe defender 2 terreos, menos defenderá os intereses de todo un pobo.Digo eu.

Anónimo dijo...

Manolo ten mellor talante que Luis, se Fachal fora intelixente apoiaria a Manolo coma alcalde.

Anónimo dijo...

Pero como vai apoiar o PP a un partido "separatistas", meu deus?!Algúns xa esqueceron as verbas do seu "fiurersito":"votar todo o que non sexa PP, é votar aos terroristas"...e agora pola comenencia hai que apoiar como alcalde a un nacionalista. Algúns deixan a coherencia no faiado e lémbranse de Santa Rita cando chove. Está ben que vaiades practicando algo coas verbas "dialogo" e "tolerancia", pero tede coidado con iso de entrar en razón dun dia pra outro, non vaiades a empachar. Governo de prgreso 4 anos máis!

Anónimo dijo...

Armada da pa iso e moito más. Todo menos el.

Anónimo dijo...

Iso do "progresismo" e un conto de fadas. Aqui gobernou un, goberna un e, se non se remedia,o fara o mesmo. Non se quere a Armada por ser do PSOE, se non por ser Armada e por armalas ben armadas. Juan non creo que queira a un alcalde con un perpetou litixio ca Cofraria. Os do Bloque non poden renovarse agora por que non saben cómo reaccionará o electorado. Juan tería tempo de resolvelas diferencias do seu partido ca refundación do comité local, logrando a cohesión dos afiliados e simpatizantes. O beneficio é mutuo.

Anónimo dijo...

PSOE:4, PP: 4, BGN:2 E A KATXONA :1, XA STAMOS AHÍ, O CAMBIO É POSÍBEL. KSH

Anónimo dijo...

MANOLO ALCALDE, XA!!!!.

Anónimo dijo...

Manolo merece ser Alcalde, sería unha bonita forma de deixar a política, el sempre soñou con iso, e agora podese cumprir ese sono.

Anónimo dijo...

A que merece a Alcaldia e a abstención foi a mais votada 1642 votos, ¿para que queremos os politicos?

Anónimo dijo...

ó Final vai a ser a fórmula máis axeitada.

Anónimo dijo...

O BNG necesita reactivarse, o apoio do PP hai que velo coma unha oportunidade histórica.

Anónimo dijo...

A priori, ese governo de Manolo non pode ser por que Tanto Feijoo, coma Xoán prometeron non facer coalicións se non foran os máis votados. Pero, contaronme que xa hai movementos. Por parte dos afiliados do PP para presionar a Xoán e que convoque unha reunión con Santiago para autorizalo ainda que incumpla a súa palabra. A relacións do concello co pósito habilitano a facer esta escepción a norma. Xoán está entre a espada e a parede, ten que tomar unha decisión difícil e no menor tempo posible. Cariño espera.

Anónimo dijo...

Armada formará governo e nomeará ao párroco máis mediático e metrosexual da comarca Don Higinio, tenente alcalde como agradecemento por rompela baralla na Pedra.
Vamos haber, señor cura, o que convertía a auga en viño e o que facía salir peixe se cesar das cestas era Xesús, non Armada. Os millons son os millons, unha mágoa. Pero bueno, menos mal que agora vai ser alcalde Manolo, xa que se non lle fai a competencia nun lado farao noutro menester. HABEMUS ALCALDUS!! a fumeta branca, proximamente, na cheminea do novo edificio consistorial.


publicidad:
Ponga un párroco en su móvil
Envia:POLITONO (espacio) MALETIN al 7654
Entrarás en el sorteo de 300.000 € pero tranqui, no los catará ni d.. (con perdón)
Coste del mensaje: un voto al PSOE, IVA, Disgustos y otros impuestos incluidos. Disponible domingos y festivos.

Anónimo dijo...

Agora saltan os peperos cheos de carraxe, mestres da pataleta infantil, semellándose máis unha vez aos curmáns mesetarios e chamando ignorante ao povo que vota libremente. Que leizón de democracia! Agora xa non lles funcionan a "carretaxe" e outras prácticas caciquís. Agora o clero xa non é coma antes, isto é, adepto ao réxime. Agora don Manuel vota en Madrid.

Anónimo dijo...

Antes na idade media, os fillos dun nobles tiñan dous destinos:

Se é primoxénito, hereda o titulo e as terras.

Se é segundón, clérigo.

PÉSCALA? Alcalde ou retiro?
Preguntome que vai ser agora?

Coma a experiencia no seminario a Manolo deulle as capacidades e as aptitudes políticas e eclesiásticas suficientes para gobernarnos con man de ferro, as negociacións, as vai levar como mediador o noso párroco don Paco. Xa sabedes, as negociacions entre a igrexia son mais doadas.

Anónimo dijo...

Cariño necesita a un home coma Manolo. POR FIN!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

A balanza equilibrouse. Xa temos cura progre, D. Hixinio Rodríguez e cura facha, D. Francisco Gómez.

D. Hixinio porque o dín aquí unhos cantos conservadores rancios, con mal perder.

D. Francisco porque e evidente e non o oculta. Non ten porque, pero un pouco de sentidiño común non lle viña mal. Non se pode estar rogando co darriba e jodendo cos de abaixo.

Anónimo dijo...

NON NOS VADES FACER CALAR!!!!!
NON NOS VADES FACER CALAR!!!!!

Anónimo dijo...

Ego te absolvo a peccatis tuis, in nomine Patris, et Filii, et Spiritus Sancti...

Anónimo dijo...

os do pp dades moita pena pra onde pensades que vades, non sera moito cabalo pra tan pouco xinete.Dedicadevos os vosos traballos que tendes davondo e non pretendades engañar a un pobo que e mais que os intereses de alguns incultos.