26 abr 2007

A presentación

¿Quenes somos? Pois fácil, somos uns que están tristes, cabreados, frustrados, impotentes, cheos de rabia e todo porque Cariño, o noso concello, está pior que nunca, cun terribel e ascendente saldo de inoperancia. Esta blog e creada fóra do paraugas da parella que manda e nos goberna, en unha produción independente para o cambio.
O Blog Os Aguillóns e unha reacción cívico-política independente na blogosfera, cuia finalidade principal é a de traballar a prol dun cambio profundo nas formas de gobernar e de facer política no município de Cariño na Coruña.